Evento
AXENDA | Concentración diante do Centro de Saúde de Verín para esixir solucións ás listas de agarda
4/6/26
12:00
Centro de Saúde, Verín.
3 de junio de 2026, 11:50
A plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha concentración diante do Centro de Saúde de Verín co obxectivo de reclamar solucións urxentes ao problema das listas de agarda na sanidade pública da comarca.
Segundo sinalan os convocantes, as súas reivindicacións céntranse en dous puntos concretos: a transparencia na xestión das listas de agarda e a dotación dos profesionais necesarios para garantir a utilización plena dos Hospitais Públicos.
O acto terá lugar o xoves 4 de xuño ás 12 horas fronte ao Centro de Saúde de Verín.
