Evento
AXENDA | O alumnado do Conservatorio demostra o seu saber nas audicións
9/12/24
a
13/12/24
Auditorio de Verín.
9 de diciembre de 2024, 13:32
Co obxectivo de que o alumnado se acostume ao escenario, o Conservatorio de Música de Verín, co apoio da ANPA, comeza esta tarde as audicións do primeiro trimestre do curso. Unha actividade que, ademais de evaluar o nivel e o talento, busca que o alumnado experimente as sensacións de interpretar ante o público.
Por iso, o CMUS abre as súas portas para que toda a veciñanza poda asistir ás probas. Terán lugar no Auditorio de Verín, na Aula Polivalente, ao longo desta semana en horario de tarde:
- Luns, 9 de decembro: audición de violín e frauta travesa ás 20:00 horas.
- Martes, 10 de decembro. audición de vento metal e saxofón ás 20:00 horas.
- Mércores, 11 de decembro: audición de percusión ás 20:00 horas.
- Xoves, 12 de decembro: audición de piano ás 20:00 horas.
- Venres, 13 de decembro: audición de clarinete e guitarra ás 18:00 horas.
