domingo. 19.07.2026

Evento

ACTIVIDADES DE NADAL | O Club Deportivo de Ximnasia Rítmica de Verín celebra a súa gala de Nadal

20/12/25
11:30
Pavillón Municipal de Verín
IMG_8360

O Club de Ximnasia Rítmica de Verín celebra a súa tradicional Gala de Nadal este sábado, 20 de decembro, a partir das 11:30 horas no Pavillón Municipal de Verín.

O evento reunirá a todas as deportistas do club, desde as máis pequenas ata os grupos de maior nivel, que ofrecerán ao público distintas coreografías preparadas especialmente para esta cita tan sinalada. A gala converterase nunha oportunidade para amosar o traballo realizado ao longo da tempada e compartir coa veciñanza o espírito festivo propio destas datas.