domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Black Friday en Verín: 2 días, sorteo de 200 € e apoio ao comercio local

28/11/25 a 29/11/25
Establecementos asociados á campaña do Black Friday
20251128-29 Black Friday Verín AEVER
Este ano, o Black Friday celebrarase en Verín ao longo de dous días: venres 28 e sábado 29 de novembro.

O comercio local de Verín non se queda atrás na cita global do Black Friday. Este ano estendeu a súa campaña promocional e terá lugar os días 28 e 29 de novembro (venres e sábado) coa intención de darlle todas as facilidades á veciñanza para realizar as súas compras e apoiar os establecementos da vila.

A campaña posta en marcha por Aever CCU Verín (a integración do Centro Comercial Urbano de Verín na Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín) non é só unha oportunidade de atopar descontos, senón tamén un acto de compromiso coa dinamización da nosa vila.

Os establecementos asociados á campaña do Black Friday - que a asociación reivindica como o Venres Negro, máis próximo e máis noso- queren recompensar a fidelidade da clientela pondo en xogo un atractivo premio: sortéanse 200€ en compras para seguir consumindo nos negocios locais.

Mercar na vila ten premio: 4 vales de 50€

Cando merques nos case 50 establecementos de Aever CCU Verín adheridos á campaña durante o venres 28 e o sábado 29 de novembro, poderás participar no sorteo de 4 pasaportes de compras de 50€ cada unParticipar é moi sinxelo:

  1. Gardar os tíckets das compras realizadas o venres e o sábado.

  2. Rexistrar os tíckets de compra xunto cos datos do establecemento e os datos persoais (nome, apelidos e teléfono) no formulario habilitado para tal fin.

  3. Nas redes sociais da asociación, o día 1 de decembro publicaranse os resultados do sorteo.

As persoas afortunadas serán contactadas por teléfono e poderán gozar do seu pasaporte de compra entre os días 1 e 6 de decembro.

Os valores que as grandes plataformas nunca terán

Desde a Aever CCU Verín destacan os valores esenciais do pequeno comercio que as grandes plataformas online nunca poderán ofrecer: o coñecemento das necesidades e preferencias dos clientes, a personalización no trato e a cercanía.

Por iso, a campaña pon en valor o significado do comercio local como motor dinamizador da vila e reforza a idea de que cada compra é un investimento directo na nosa comunidade.

Comentarios