Evento
AXENDA | 'Black friday' no comercio local de Verín
A asociación que aglutina a empresarios, empresarias e comerciantes de Verín, AEVER, segue traballando para promover o comercio local da vila, fidelizar á clientela e incentivar as vendas dos establecementos da nosa veciñanza.
Nunha data comercial tan significativa como é o Black Friday, volven poñer en marcha unha nova campaña promocional con agasallos para a clientela do comercio local. Porque "Aquí en Verín, ao lado da túa casa tamén temos o Black Friday", o venres negro en Verín virá co sorteo de catro cheques regalo, ademais dos abondosos descontos, agasallos e sorpresas que teñen preparados nas tendas que participan na campaña.
Como participar?
A dinámica é ben sinxela. O día 29, black friday, haberá que mercar nos establecementos asociados; despois, ata o día 1 de decembro, somentes hay que enviar os datos persoais e unha fotografía do tícket da compra a través do formulario que teñen na web de AEVER.
O sorteo realizarase na sede de AEVER o vindeiro luns, día 2 de decembro. Os resultados van ser publicados nas redes sociais de AEVER. As persoas afortunadas poderán gastar o cheque regalo ata o día 16 de decembro. Eso si, mercando en Verín.
