Evento
AXENDA | Andaina solidaria para os gatiños sen fogar de Verín
A asociación Miquiños de Verín organiza este domingo, 28 de setembro, unha camiñada solidaria co obxectivo de recadar fondos para axudar aos gatos sen fogar do municipio. Todo o recadado utilizarase para cubrir gastos veterinarios, alimentación e castracións dos felinos sen fogar, un labor fundamental para o benestar animal na comarca.
A saída está programada para as 10:00 horas desde a Praza da Alameda. Trátase dun percorrido circular duns 8 quilómetros. Para participar, requírese unha achega de 5 euros, que irá integramente destinada á causa solidaria. Ademais, a andaina é "pet friendly", polo que se anima ás persoas a participar xunto coas súas mascotas.
Ao remate do percorrido, ofreceranse petiscos para os participantes e levarase a cabo un sorteo de agasallos. Tamén se instalará unha mesa de venda de merchandising e de produtos feitos a man. Para quen o desexe, haberá un punto para a doazón de comida e area para gatos.
Quen quera participar nesta xornada solidaria pode inscribirse na tenda Multisport Verín. Para máis información, pódese contactar no teléfono 626 071 860.
