lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | "O Belén da Viruca", arte en miniatura

8/12/24 a 6/1/25
Salón parroquial da Igrexa Santa María a Maior de Verín
Los Támega, montando el "belén" a las puertas del pesebre. | FOTO: Noelia Caseiro.
A charanga "Los Támega", montando o "belén" ás portas do pesebre. | FOTO: Noelia Caseiro.

Como cada ano, unha das citas máis esperadas nestas datas é a instalación do "Belén da Viruca". A impresionante maqueta, que vai medrando en cada Nadal con novidades que representan o acontecido na vila e a persoeiros destacados, xa está no Salón parroquial da Igrexa Santa María a Maior de Verín.

 

Temos en Verín un dos beléns máis emblemáticos do sur da provincia de Ourense. O da Viruca inclúe centos de figuras artesanais, moitas delas móbiles, e unha infinidade de escenas típicas da tradición relixiosa e galega, sen esquecer aspectos de actualidade.

 

Non cabe dúbida, Viruca González Barreira ten arte nas súas mans. Ela máis familiares e amigos que participan na creación da maqueta que representa en miniatura a crenza do nacemento de Xesús. Arte e retranca: o ano pasado incluíu figuras da charanga "Los Támega"; no 2022 foi a Banda de Gaitas Nova Era; en 2021 representou a Gerardo Seoane e as súas beirarrúas. Cal será a novidade deste ano?

 

O Belén da Viruca poderase visitar ata o 6 de xaneiro nos seguintes horarios:

  • Domingos e festivos: de 11:00 a 13:00 h. e de 17:00 a 19:00 horas.
  • Resto de días: pola tarde, de 17:00 a 19:00 horas.

Comentarios