domingo. 19.07.2026

Evento

ACTIVIDADES DE NADAL | A Banda de Gaitas Nova Era, encargada do pasarrúas musical de AEVER para animar o comercio local

20/12/25
11:00 a 13:00
Rúas de Verín

A Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) organiza este sábado, 20 de decembro, un pasarrúas musical coa finalidade de dinamizar as rúas nas que se concentra o comercio local, achegando ambiente, música e movemento á vila.

A actividade contará coa participación da Banda de Gaitas Nova Era, que percorrerá diferentes rúas do centro urbano nunha mañá chea de ritmo e tradición.

O pasarrúas celebrarase de 11:00 a 13:00 horas, con saída dende a praza García Barbón, convidando a veciñanza e visitantes a gozar da música ao tempo que apoian o comercio de proximidade.