Evento
ACTIVIDADES DE NADAL | Os Reis Magos volverán encher de ilusión as rúas de Verín
Verín prepárase para vivir unha das tardes máis agardadas do ano coa celebración da Cabalgata dos Reis Magos, organizada polo Concello de Verín, que levará a maxia de Oriente polas principais rúas da vila.
A cita terá lugar o 5 de xaneiro, con saída ás 18:00 horas desde o barrio de San Lázaro. Desde alí, Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán a avenida Luís Espada, continuarán pola rúa Deputación e a rúa Irmáns Moreno, ata finalizar o seu percorrido no Pavillón Municipal de Deportes.
Durante o traxecto, os Reis Magos repartirán ilusión entre os máis pequenos, nun desfile cheo de cor, música e ambiente festivo que cada ano congrega a centos de persoas nas rúas de Verín. A cabalgata converterase así nun punto de encontro para veciños e veciñas de todas as idades, que sairán a recibir ás súas Maxestades nunha noite cargada de emocións.
