domingo. 19.07.2026

Evento

ACTIVIDADES DE NADAL | A Banda de Música de Verín protagoniza un pasarrúas polo centro da vila

19/12/25
17:00
Rúas da vila
A Banda de Música de Verín no seu concerto de Nadal. | FOTO: Noelia Caseiro.
A Banda de Música de Verín no seu concerto de Nadal. | FOTO: Noelia Caseiro.

Banda de Música de Verín ofrecerá un animado pasarrúas este venres, 19 de decembro, a partir das 17:00 horas, cun percorrido que terá como punto de saída a Praza do Concello.

A actividade enmarcarase dentro da programación destas datas festivas e levará a música polas rúas da vila, creando un ambiente alegre e participativo para veciñanza e visitantes. O pasarrúas converterase nunha oportunidade para desfrutar do talento da banda local ao tempo que se dinamiza o centro urbano.