domingo. 19.07.2026

Evento

ACTIVIDADES DE NADAL | O IX Galicia Magic Fest chega a Verín cunha noite chea de ilusión

2/1/26
20:00
Auditorio Municipal de Verín

O venres 2 de xaneiro, ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá o IX Galicia Magic Fest, un espectáculo que promete sorprender ao público con números de maxia e ilusión de primeiro nivel.

O festival reunirá a recoñecidos magos que ofrecerán unha noite chea de asombro, humor e espectáculo, convertendo a cita nun plan ideal para comezar o ano cunha proposta cultural diferente.

As entradas están dispoñibles en Ataquilla dende 22 euros.