domingo. 19.07.2026

Evento

ACTIVIDADES DE NADAL | Gala de Nadal de Aever

4/1/26
18:00
Pavillón Municipal de Verín

O domingo, 4 de xaneiro, o Pavillón Municipal de Verín acollerá a partir das 18:00 horas a Gala de Nadal organizada por AEVER, un evento cheo de espectáculo, música e diversión para toda a familia.

A gala contará coa participación de Fran Rei e Félix Rodríguez, que conducirán o acto e presentarán o seu espectáculo “Saaabor de Nadal”. Ademais, poderase gozar das actuacións de Zirko TxoskoPaco Nogueiras e o Ratiño Pérez. Ademais, tamén se poderá visitar o stand solidario “Miquiños”.

As entradas poden adquirise mercando nos establecementos adheridos a Aever.

O evento está cofinanciado pola Xunta de Galicia e organizado por AEVER Verín coa colaboración do Concello de Verín, e ofrece unha oportunidade única de celebrar o Nadal combinando cultura, diversión e solidariedade.