domingo. 19.07.2026

Evento

ACTIVIDADES DE NADAL | Obradoiro de coroas florais de Nadal

20/12/25
16:00 a 20:00
Pavillón Municipal de Verín
IMG_8476

O Pavillón Municipal de Verín acolle un obradoiro de coroas florais de Nadal, unha actividade creativa e participativa organizada en colaboración con florarías locais, que terá lugar en horario de 16:00 a 20:00 horas cun prezo de 20€.

IMG_8444

Esta iniciativa busca fomentar o ambiente festivo propio destas datas ao tempo que se apoia o comercio de proximidade, poñendo en valor o traballo e produto das florarías da vila. Durante o obradoiro, as persoas participantes poderán aprender a elaborar a súa propia coroa de Nadal con materiais naturais e decoracións típicas destas festas, guiadas por profesionais do sector floral.