Evento
'O teu Xacobeo' organiza obradoiros tradicionais en Riós
18/09/21
a
19/09/21
11:00
a
17:00
Reitoral da Chaira

09:23 do 15 de setembro de 2021
Fin de semana de moita actividade en Riós. O programa 'O teu Xacobeo' continúa e achega, desta volta, varios obradoiros tradicionais e unha especial busca do tesouro para a cativada.
- Sábado 18:
- 11:00h: Obradoiro de gravación e produción de música tradicional.
- 12:00h: Obradoiro de percusión tradicional.
- 16:00h: Xeocaching ou busca do tesouro, orientado á cativada e impartido pola asociación 'Os tres reinos'. Para avanzar na actividade, os nenos e nenas deberán superar distintas probas.
- Domingo 19:
- 12:00h: Obradoiro de armonía e arranxos na música tradicional.