domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Fin de semana de festa do patrón en Queizás

2/7/23 a 2/7/23
Queizás.
festas queizás 2023_02
Festas na honra de San Pedro en Queizás.

Queizás celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Pedro. Tres días cheos de música, gastronomía, deporte e festexos relixiosos para a ledicia da veciñanza e visitantes.

O venres, 30 de xuño, darán comezo os festexos ás 19 horas coa xuntanza das Mulleres Rurais, previa á XXVI edición da "Bicicletada Ruta das Adegas" que iniciará camiño ás 20 horas.

O sábado, 1 de xullo, será a quenda da gastronomía coa degustación do porco ó espeto; un xantar amenizado coa música do grupo Fuego Street Band. Continuará a música á noitiña nunha verbena a cargo da discomóbil A Esmorga.

Xa o domingo, día grande da festa patronal, dende a mañá haberá pasarrúas a carga da Banda de Gaitas do Concello de Verín, que percorrerán as rúas para chamar á veciñanaza á participación na misa solemne con procesión que terá lugar ás 12.00 horas. Un acto relixioso no que participará a Coral de Trasmiras.

O fin de festa correrá a cargo da orquestra Charleston Big Band, que actuarán na tarde-noite do domingo, 2 de xullo.