lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | Daiane Da Silva impartirá obradoiros de defensa persoal e apoderamento para mulleres na comarca

16/5/25 a 6/6/25
16:00
A definir en cada concello
202505-06 Taller defensa persoal e apoderamento da muller na comarca, cim mancomunidade

Os Concellos da comarca poñen en marcha unha serie de talleres de defensa persoal e apoderamento dirixidos as mulleres que se desenvolverán en cada un dos municipios. Unha actividade de balde que busca ofrecer ás participantes múltiples beneficios, xa que promove a autonomía, a percepción de seguridade, a autoestima e o sentimento de comunidade entre as mulleres participantes.

 

Os obradoiros non se centran unicamente nas técnicas de defensa física, senón que tamén abordarán aspectos fundamentais como a prevención de situacións de risco, a conciencia situacional, o empoderamento persoal, o posible uso de ferramentas de autodefensa e a resolución de conflitos. Ademais, estes encontros buscan construír comunidade entre as mulleres da comarca.

A encargada de impartir os obradoros será Daiane Da Silva, técnica deportiva en boxeo dende o ano 2017 e campioa a nivel estatal en 2019, garantindo unha formación de calidade e con experiencia. Sen importar a idade ou condición física, Daiane Da Silva impartirá as clases adaptándose ás necesidades de cada participante co obxectivo de que as mulleres podan aprender as técnicas máis axeitadas para cada unha e adquirir ferramentas valiosas para a súa seguridade e benestar.

Datas e lugares

As interesadas en participar deberán reservar a súa praza. Para facelo, poderán chamar ao Concello no que farán o curso. Tamén está dispoñible un formulario online: https://forms.gle/ZEkaPa5vbbu1gjp7A. Xa hai datas confirmadas para varios concellos:

  • Oímbra: 16 de maio ás 16:00 horas no Pavillón de Deportes. 
  • Albarellos (Monterrei): 19 de maio ás 16:00 horas.
  • Verín: 22 de maio ás 16:00 horas no Pavillón de Deportes.
  • Montes (Cualedro): 23 de maio ás 16:00 horas. 
  • Matamá (Laza): 30 de maio ás 16:00 horas.
  • Castrelo do Val: 4 de xuño ás 16:00 horas. 
  • Vilardevós: 6 de xuño ás 16:00 horas na Casa da Cultura. 

Pendente o resto de datas e ubicacións.

Comentarios