sábado. 20.04.2024

Evento

Sarabela Teatro regresa a Verín con 'Morgana en Esmelle'

7/8/21 a 27/11/21
20:00 a 22:00
Auditorio Municipal de Verín
Actuación de Sarabela Teatro.
Actuación de Sarabela Teatro.

O sábado 27 de novembro, ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación teatral da obra 'Morgana en Esmelle' de Sarabela Teatro. Esta produción é unha adaptación da novela de Begoña Caamaño, xornalista e escritora natural de Vigo, falecida en Santiago de Compostela no ano 2014.

 

Baixo a dirección de Ángeles Cuña, a obra conta cun reparto actoral de primeiro nivel como: Fina Quella, Sabela Gago, Quico  Cadaval, Elena Seijo, Nate Borrajo, Fernando Dacosta ou Laura Míguez. As entradas xa están dispoñibles na páxina web habilitada para os efectos polo prezo de 10 euros.


 

E37B1C74-68AB-44D3-8B56-70768DB7C4E8

 

Sinopse

A chegada de Morgana altera a aparente serenidade coa que Merlín vive no bosque de Esmelle. A amante de Artur entra na casa Miranda en busca de respostas á súa infelicidade. En  'Morgana en Esmelle', Begoña Caamaño reflexiona ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Ademais, versa sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos. Unha novela que reescribe o mito cunha mirada contemporánea.