Evento
AXENDA | XXX Festa da Castaña e do Cogomelo do Riós
O outono chega cargado de sabor e tradición ao Concello do Riós coa XXX Festa da Castaña e do Cogomelo, que se celebrará este domingo 2 de novembro.
A programación arrancará ás 10:30 horas coa apertura do recinto e a inauguración da exposición "Produtos elaborados con castaña" de Anabel Dacosta Vázquez.
Pouco despois, ás 11:00 h, os amantes dos coches clásicos poderán deleitarse cunha exposición que une historia e estética automovilística.
Ás 12:00 h, será a recepción de autoridades, que farán unha visita polos distintos stands da feira, visita que será amenizada polo pasarrúas e actuación da Banda de Gaitas do Concello de Riós.
Xa as 12:30 horas chega a quenda do gran recoñecemento da xornada, pois farase entrega no salón de plenos municipal da “Castaña de Ouro” a D. Joaquín Pérez Vieito (Gandeiro-Agricultor) e a D. Óscar Veiga Trabaz (Axente Zonal- Distrito XIX Caldas-Salnés).
Antes do gran xantar, ás 13:00 h, e para ir abrindo o apetito, os asistentes poderán facer degustación de castañas asadas.
As 14:00 h, terá lugar a comida popular que será amenizada pola Charanga Támega, e música tradicional que farán bailar a pequenos e maiores.
Unha cita imprescindible para os que queren gozar do outono galego, da gastronomía local e dunha tradición que se mantén viva grazas á participación da veciñanza e ao encanto natural da comarca.
