domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | O Riós celebra o Nadal cun festival musical interxeracional

20/12/25
18:00
Igrexa de Santa María do Riós
b9e1c5a8-b733-4118-803f-a8a155f940ae

O vindeiro sábado 20 de decembro, o Concello do Riós volverá vivir unha das citas máis entrañables do calendario cultural coa celebración do tradicional Festival de Nadal, un encontro que reúne música, tradición e convivencia veciñal.

A partir das 18:00 horas, a igrexa de Santa María do Riós encherase de son e emoción grazas á participación dos grupos musicais do concello: a Coral Cantarela, o Grupo Bulideiras, The Miguel Band, As Ferreñas do Riós e a Banda de Gaitas, que estarán acompañados polos nenos e nenas do CEIP As Vendas da Barreira, protagonistas tamén desta celebración tan especial.

O festival, xa consolidado como unha tradición anual, ten como obxectivo celebrar o Nadal en comunidade, poñendo en valor a música local e fomentando a participación das distintas xeracións do municipio. Desde a organización animan a toda a veciñanza a asistir e compartir este momento de encontro e celebración.

O evento está organizado pola Asociación Cultural A Trisca, que un ano máis aposta por manter vivas as tradicións e fortalecer o tecido cultural e social do Concello.