Evento
AXENDA | Festival de Nadal do Riós
21/12/24
18:00
Igrexa de Santa María do Riós
19 de diciembre de 2024, 12:52
O próximo sábado, día 21, a igrexa de Santa María do Riós acollerá a duodécima edición do Festival de Nadal do Riós, que comezará ás 18:00 horas.
Un evento con longa tradición, organizado pola Asociación Cultural A Trisca coa colaboración do propio Concello de Riós, que cada ano congrega a toda a veciñanza disposta a desfrutar do música en directo na espectacular arquitectura da igrexa.
Na pasada edición a igrexa quedou pequena para acoller a todas as persoas que quixeron desfrutar das melodías ofrecidas polos grupos locais.
Este ano poderanse escoitar as actuacións da Coral Cantarela, da cativada do CEIP Vendas da Barreira, da Banda de Gaitas do Concello de Riós e dos grupos Bulideira, Os Reboldeiros do Riós e The Miguel Band.

