domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | A ciencia máis sorprendente de Galicia chega á Biblioteca de O Riós

6/8/25
11:30
Biblioteca Municipal do Riós
20250806 Ciencia en Movimiento Riós, científicos de galicia
Ciencia en Movemento no Riós.

A ciencia en movemento aterra en O Riós coa chegada de "Científicos de Galicia", unha actividade divulgativa e divertida que terá lugar este mércores, 6 de agosto, ás 11:30 horas, na Biblioteca Municipal. A iniciativa, a cargo de Jesús Fernández Alonso, do proxecto Ciencia en Movemento, ten como obxectivo achegar a ciencia, a innovación e o emprendemento de Galicia á poboación dun xeito ameno e accesible.

A charla, gratuíta e presencial, busca poñer en valor o talento galego, amosando as figuras máis destacadas do noso territorio. Este tipo de actividades son especialmente importantes no rural, xa que contribúen a dinamizar os pequenos concellos e a fomentar a curiosidade e o interese pola ciencia entre a poboación máis nova. A través de sesións como esta, rapaces e maiores poden aprender e sorprenderse, descubrindo que o talento tamén fala galego. Unha actividade que busca fomentar a curiosidade pola ciencia e a tecnoloxía.

Organizada polo Concello de Riós e a Xunta de Galicia a través da iniciativa "Ler conta moito", esta actividade é unha oportunidade para achegarse á ciencia dun xeito participativo

Comentarios