Evento
AXENDA | "Chicas nuevas 24 horas", unha exposición sobre a realidade da explotación sexual das mulleres
O Concello de Riós acolle a impactante exposición Chicas nuevas 24 horas, un traballo da cineasta Mabel Lozano que denuncia a trata de nenas e mulleres con fins de explotación sexual. A cineasta está comprometida co mundo da muller e os dereitos humanos, e ten abordado a denuncia da explotación sexual e a violencia contra a muller en longametraxes e curtas ao longo da súa filmografía.
Unha colección de artículos, fotografías, anuncios en prensa e "normas que deben cumprir as mulleres explotadas nos clubs de prostitución" forman unha mostra que pretende sensibilizar e crear conciencia social ante un negocio que escraviza a mulleres e que move máis de 32 mil millóns de dólares ao ano no mundo.
A exposición compleméntase coa proxección do documental Chicas nuevas 24 horas, dirixido por Mabel Lozano no 2015. Unha investigación sobre a escravitude sexual que recolle vivencias das mulleres e nenas vítimas da trata para a súa explotación sexual en España, Arxentina, Colombia, Paraguay e Perú. Testemuñas que relatan como son enganadas coa promesa de acadar unha vida mellor para, ao final, ser escravas do negocio da prostitución.
O documental que será proxectado o venres 21 de febreiro ás 18:30h. no salón de actos do edificio multiusos de Riós. A exposición pode verse na planta baixa do multiusos ata o vindeiro 28 de febreiro.
