Evento
AXENDA | Xornada de portas abertas nos colexios de Oímbra e Vilardevós
A pesar de que as escolas públicas do rural ofrecen unha atención personalizada e familiar nun entorno que permite ao seu alumnado vivir en contacto coa natureza e experimentar de primeria man mentras aprende, son un ben comunitario que se atopa en perigo de extinción.
Son múltiples as vantaxes e beneficios que ten estudar nun colexio rural: menor ratio de alumnado, trato cercano e acolledor, enriquecemento da convivencia e da aprendizaxe, conexión coa comunidade e mesmo un ensino e avaliación integral polo coñecemento persoal alumnado-profesorado.
Coles plurilingües en Oímbra e Vilardevós
Estes días, o CEIP de Oímbra e o CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez de Vilardevós, ambos co recoñecemento de ser plurilingües, abren as súas portas para que todas as familias interesadas podan achegarse e coñecer o seu funcionamento e os servizos que ofrecen de primeira man.
O colexio de Oímbra comeza hoxe coas visitas e poderán facerse ata mañá. No caso de non poder asistir nestas datas, pódese solicitar unha visita acordando unha cita.
No caso do centro de ensino de Vilardevós é necesario pedir unha cita previa para visitalo ata o vindeiro venres, día 21.

