lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | Gastronomía e artesanía no mercadiño de Nadal de Rabal

6/12/24 a 4/1/25
Rabal, Oímbra
20241206 nadal en rabal, Oímbra

A aldea de Rabal quere celebrar un Nadal en comunidade por todo o alto e, con esa intención, este ano ábrese un mercadiño no que haberá unha boa selección de produtos gastronómicos e artesanía.

A veciñanza de Rabal é coñecida polas fermosas decoracións que fan para engalanar as súas rúas cada ano ao longo das festas de Nadal. Non cabe dúbida, gozan das festas e ben merecen unha visita para ver o bonita que está a aldea por estas datas.

202312 Nadal en Rabal, decoración rúas
Unha xigantestca bolecha de xenxibre vistou Rabal no pasado Nadal.

 

Este ano dan un paso máis e van ter o seu propio mercadiño de Nadal, que abrirá os días 6, 7, 25, 27 e 28 de decembro e, xa en xaneiro, os días 3 e 4. Unha oportunidade para pasear polas súas rúas e deleitarse co ambiente creado coas decoracións mentres se desfruta dos chourizos acompañados do tradicional viño de Nadal, ou dalgúns dos doces que terán: bolechas de Nadal, churros, chocolate...

Comentarios