domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Cursos gratuítos de capacitación dixital en Oímbra

3/2/25 a 3/10/25
Centros sociais
aula dixital, ordenadores
A aula itinerante ubicarase nos centros sociais de cada aldea. | FOTO: RUT MIIT.

O Concello de Oímbra aposta pola formación como solución para romper a fenda dixital. Ao longo deste ano ofrecerá cursos gratuítos de capacitación dixital en todas as aldeas do municipio; unha formación que será de balde e que está pensada tanto para persoas que non teñan coñecementos previos como para aquelas que queren mellorar as súas capacidades dixitais.

O obxectivo destes cursos é ensinar un uso efectivo da tecnoloxía, adquirindo habilidades para utilizar as ferramentas dixitais e afondando na comprensión dos constantes cambios tecnolóxicos.

Lugares, datas e horarios

A aula itinerante ubicarase nos respectivos centros sociais de cada aldea para impartir cursos presenciais que terán unha duración de 30 horas lectivas. A formación desenvolverase en días alternos: luns, mércores e venres.

  • Oímbra: do 5 de febreiro ao 17 de marzo, dende as 15:30 ás 17:30 horas.
  • Rosal: do 5 de febreiro ao 17 de marzo, dende as 18 ás 20 horas.
  • Casas dos Montes: do 24 de marzo ao 2 de maio, dende as 15:30 ás 17:30 horas.
  • Bousés: do 24 de marzo ao 2 de maio, dende as 18 ás 20 horas.
  • Videferre: do o 7 de maio ao 9 de xuño, dende as 15:30 ás 17:30 horas
  • Espiño: do 7 de maio ao 9 de xuño, dende as 18 ás 20 horas.
  • As Chás: do 16 de xuño ao 16 de xullo, dende as 15:30 ás 17:30 horas
  • A Granxa: do 16 de xuño ao 16 de xullo, dende as 18 ás 20 horas.
  • San Cibrao: do 1 de setembro ao 3 de outubro, dende as 15:30 ás 17:30 horas
  • Rabal: do 1 de setembro ao 3 de outubro, dende as 18 ás 20 horas.

As inscricións deberán facerse na Casa do Concello.

Comentarios