lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | Celebrando o día de Reis en Oímbra

5/1/25
Oímbra.
Reis magos Oimbra 2024-04
Entrega de agasallos dos Reis Magos á cativada de Oímbra o pasado xaneiro.

Oímbra celebra o día de Reis cunha grande festa todos os anos. É tradicional a Cabalgata dos Reis Magos percorrendo cada unha das aldeas do municipio dende ben cedo, coa firme intención de levar a ilusión a toda a veciñanza. Este ano, as súas Maxestades os reis Magos de Oriente volverán visitar a grandes e pequenos ao longo da mañá do domingo 5 de xaneiro.

 

Xa pola tarde, o Pavillón de Deportes de Oímbra acollerá a representación do Belén vivinte. Un evento no que participa a cativada e toda a veciñanza e no que tamén estarán os Reis Magos, alí entregarán agasallos a todos os menores de 12 anos que se inscriban na actividade con anterioridade. Pódese facer a inscrición na Casa do Concello.

 

A festa comezará ás 17:00 horas, con música e cunha grande chocolatada con churros para todos como colofón final.

Comentarios