Evento
AXENDA | Andaina "Vendimas de Oímbra"
13/10/24
9:00
Saída dende a praza do Concello de Oímbra
7 de octubre de 2024, 13:26
A Asociación Flaviense de Caminheiros organiza unha andaina que percorrerá os fermosos viñedos de Oímbra que terá lugar o vindeiro domingo 13 de outubro.
Unha ruta de 13 quilómetros con dificultade moderada que dará comezo ás 9:00 horas diante da Casa Consistorial de Oímbra e na que se realizará unha visita guiada á adega Soutullo, inscrita na Denominación de Orixe Monterrei.
Coa colaboración do Concello de Oímbra, a andaina contará con avituallamento e almorzo cun prezo de 16€ para persoas non socias e de 15 para socias. É necesario inscribirse con anterioridade.
