Evento
O escritor Artur Alonso Novelhe presenta en Verín o seu libro 'Mudar o mundo'

O vindeiro venres, 12 de novembro, a Casa da Cultura de Verín acollerá a estrea do libro 'Mudar o mundo: Na procura dun novo paradigma para uma humanidade', do autor Artur Alonso Novelhe, unha viaxe a través das diferentes épocas históricas e as súas achegas a unha lenta, pero inevitable, transformación dunha humanidade focalizada na ganacia material.
A presentación, que comezará ás 19:30h, mostrará unha civilización que vive baixo unha errada interpretación da clásica visión darwinista do dominio dos mellores adaptados ao medio, cun predominio dunha mente habilidosa en detrimento da mente ética.
O autor
Alonso Novelhe naceu no 1964 na Cidade de México e estivo sempre moi ligado a Galicia. Tras participar na Asociación Galega da Lingua, ingresou como membro na Academia Galega da Lingua Portugesa. Con varios premios de poesía no peto, colabora actualmente con diversas publicacións galegas como o Portal Galego da Lingua ou Nós Diario e tamén internacionais como a revista Identidades, Elipse ou Incomunidade.