domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Sábado de 'Serán na Pousa'

19/7/25
12:30
A Pousa, Monterrei

Chega a quinta edición do Serán na Pousa, unha festa interxeracional que promove a convivencia ao ritmo da música ao vivo e da boa gastronomía. Boa proba delo foi o Pre-Serán que organizaron en Verín o pasado venres, 4 de xullo, un pequeno adianto do que se vai vivir na Pousa o vindeiro sábado 19 de xullo.

 

Este ano, o Serán da Pousa vén cargadiño de actividades; ademais das visitas guiadas para coñecer a aldea da Pousa, teñen preparada unha cata de viños, un torneo de tute, unha boa sesión vermú con micro aberto, concertos, foliada aberta e, como non!, un bo xantar compartido e a gran cea popular. Bota unha ollada a todo o que teñen preparado!

20250719 Serán da Pousa

Comentarios