sábado. 04.07.2026

Evento

AXENDA | A Pousa celebra o seu Serán con mercadiño, visita guiada e foliada ata a noite

4/7/26
A Pousa.
Cartel do Serán da Pousa, cunha xornada completa de actividades para o sábado 4 de xullo.
Cartel do Serán da Pousa, cunha xornada completa de actividades para o sábado 4 de xullo.

A localidade da Pousa celebra este sábado 4 de xullo o Serán da Pousa, unha xornada de convivencia que combina actividades ao aire libre, gastronomía e música tradicional, coa presenza tamén dun mercadiño.

O programa arrancará ás 11:30 horas cun paseo pola Perguiza coa Caminandocaraatrás. Ás 13:00 horas haberá unha sesión vermú coas Kuartetas, seguida do xantar. Pola tarde, ás 15:30 horas, disputarase un torneo de tute, e ás 16:30 horas terá lugar a Pousa Free Tour, unha visita guiada á Igrexa de Mixós.

A xornada continuará ás 18:30 horas cunha foliada de homenaxe, coa participación de KuartetasLirolaioTorgueirasMaría Raxeta, e coa posibilidade de que se organice tamén un guateque.

Como remate, ás 22:00 horas celebrarase unha cea con sorteo.

Comentarios