domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Concerto de Óscar Ibáñez & Tribo

19/7/25
22:30
Albarellos, Monterrei

Cúmprense 20 anos da carreira artística do gaiteiro e frautista Óscar Ibáñez. Para celebralo, presenta o seu novo espectáculo Tribal XX, no que combina novas creacións con algúns dos temas máis destacados dos seus traballos discográficos nunha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade na que predomina o son celta.

Con Óscar Ibáñez viaxa Tribo, unha banda integrada por músicas e músicos de longa e recoñecida traxectoria que formaron parte dalgunhas das agrupacións máis destacadas da música folclórica nacional e internacional. Levan realizados máis de 250 concertos por toda a Península Ibérica, Alemaña, Bretaña e Italia, participando nos festivais folclóricos internacionais máis importantes e facendo gozar ao público da música celta en directo.

Óscar Ibáñez & Tribo actuarán en Albarellos (Monterrei) este sábado, ofrecendo un concierto gratuito na alameda.

20250719 Concerto Óscar Ibáñez Trio, Albarellos

Comentarios