domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Albarellos prepárase para vivir un Samaín cheo de medo e diversión

1/11/25
Albarellos

Albarellos celebra este sábado, 1 de novembro, unha nova edición do seu xa tradicional Samaín, unha xornada que mestura diversión, sustos e convivencia veciñal.

Pola mañá, ata as 13:00 horas, os máis pequenos poderán participar no taller infantil de Samaín, totalmente gratuíto, que se desenvolverá na Praza Ángel Medeiros.

As actividades incluirán pintacaras, busca do tesouro, creación de cabazas e moitas sorpresas máis. O Concello anima ás familias a traer a súa propia cabaza para participar na decoración colectiva.

Pola noite, a partir das 21:00 horas, abrirase o esperado Túnel do Terror, unha experiencia pensada para os amantes das emocións fortes. As entradas poderán adquirirse o mesmo día a partir das 20:30 horas cunha colaboración simbólica de 2 euros.

A festa completarase cunha zona de bar, churrería Hnos. González, colchonetas para nenos e a música de DJ Moncho, que porá ritmo á noite máis arrepiante do ano.

 O lema do evento non deixa lugar a dúbidas: “En Albarellos, ninguén pode oír os teus berros”. Un Samaín pensado para todos os públicos, con actividades familiares pola mañá e moita festa e sustos pola noite.