domingo. 19.07.2026

Evento

IMOS DE MAGOSTO | As Eiras celebra o seu Magosto Popular

15/11/25
18:00
As Eiras

As Eiras prepárase para celebrar o seu tradicional Magosto, que promete ser, un ano máis, “o máis enxebre da contorna”. A cita será o 15 de novembro a partir das 18:00 horas, e o bo ambiente está garantido con música, comida e moita festa.

O menú non deixará indiferente a ninguén: caldo, churrasco, castañas e viño, todo por un prezo de 15 euros

O evento está organizado pola A.A.C. Unión As Eiras–Laza, que convida a todo o mundo a participar nesta celebración tan propia do outono galego. As persoas interesadas poden anotarse chamando a Marisol (650 88 30 04) ou a Cristian (679 21 57 50).

Unha cita imprescindible para gozar das tradicións, o bo comer e a mellor compañía na tarde máis outonal do ano.