lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | "Ruarada na das Guerras", unha gran foliada nas rúas de Laza

24/5/25
18:00
Na das Guerras, Laza.

Despois do enorme éxito de participación que tivo a "ruarada" celebrada no marco das xornadas Tempo de Entroido no pasado mes de febreiro, Laza acollerá o sábado a II Ruarada; unha foliada na rúa aberta á participación de quen quera asistir e gozar do bo ambiente festivo que crea a música galega.

Organizada polo grupo Silveiras do Támega e a asociación cultural "enLAZAdos", desta vez a ruarada celebrarase "na das Guerras" e contará con coloquios, obradoiros, concertos e a gran foliada á que convidan a participar a todo a xante co seu propio instrumento. Un encontro que pon en valor a memoria, a creación colectiva, a forza das mulleres e a música tradicional. Bota un ollo a todo o que teñen preparado.

20250524 II Ruarada Laza

Comentarios