Evento
AXENDA | Andaina "Polos camiños da memoria", unha ruta que une Matamá e Vilar
A Asociación de Mulleres Rurais O Cruceiro-Matamá organiza unha andaina que homenaxea aqueles camiños que percorrían moitas mulleres para vender ou cambiar os frutos do val polos da montaña; mesmos sendeiros que se collían para ir ao San Sebastián.
"Polos camiños da memoria" é unha ruta de 10'5 km. que une as aldeas de Matamá (Laza) e Vilar (Castrelo do Val) por sendeiros sen moita dificultade que ascenden 470 metros de altura. Ao longo do percorrido haberá dous puntos de avituallamento, ademais de contar con vehículos de reforzo para quen o necesite.
Terá lugar o vindeiro sábado 17 de maio, con saída dende a Praza do Cruceiro de Matamá ás 9:15 horas. Tralo percorrido, quen quera poderá asistir ao xantar popular que se celebrará no local social de Vilar. As inscricións estarán abertas ata o 13 de maio, contactando coa organización a través dos teléfonos 660 593 604 (María) e 606 338 536 (Joaquín).
