Evento
AXENDA | Matamá celebra as festas do San Benito
19/4/25
a
21/4/25
Matamá, Laza.
11 de abril de 2025, 12:07
Do 19 ao 21 de abril, a aldea lazá de Matamá celebrará as festas na honra do San Benito.
Tres días con actividades e actuacións musicais para todas as idades. O levantamento do maio, concurso de tortillas, actividades de Pascua para a cativada, charanga e a actuación musical de América SL completan unha programación que non esquece as tradicionais misa e procesión.
