Evento
AXENDA | Laza reivindica a importancia do oficio artesanal nas súas IV Xornadas de Entroido, que renderán homenaxe a figuras como "Lelo"
10/1/26
16:30
Baixo do Concello
8 de enero de 2026, 10:58
Laza prepárase para a súa época máis sinalada poñendo o foco nas mans que fan posible a festa. Este sábado 10 de xaneiro, o Baixo do Concello acollerá as IV Xornadas "Tempo de Entroido", unha cita pensada para poñer en valor o minucioso traballo artesanal que se agocha detrás de cada traxe e careta.
A programación destaca este ano pola defensa dos oficios tradicionais, cun coloquio que reunirá a mestres artesáns de Laza, Matamá, Viana do Bolo e A Estrada. Ademais, haberá un espazo moi emotivo para recordar a personaxes fundamentais da historia local, como "O Sarreaus" e o querido Aurelio Vila, coñecido por todos como "Lelo", artesán e entroideiro de referencia.
