Evento
AXENDA | Festas do Santo Cristo en Laza
2/5/25
a
4/5/25
Laza
2 de mayo de 2025, 10:27
A festa relixiosa na honra do Santo Cristo representa a benvida á primavera e en Laza van estar de celebración dende hoxe, venres 2 de maio, ata o domingo 4. Como cada ano, os festexos contan con actividades cargadas de simbolismo e tradición, curiosas personaxes e a interpretación de escenas tradicionais.
Os danzantes, a Eva e o seu baile, o Sacrificio de Isaac, a loita dos mouros e cristiáns ou o levantamento do Maio son algúns exemplos das actividades que terán lugar en Laza durante o Santo Cristo. Velaí a programación completa das festas do Santo Cristo deste ano:
