domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | A Mezquita non queda sen festexar a San Xoán

23/6/22 a 23/6/22
18:00 a 23:59
Praza do Concello de A Mezquita
Cartel da festa de San Xoán en A Mezquita.
Cartel da festa de San Xoán en A Mezquita.
A festa de San Xoán non se esquece en A Mezquita, onde os veciños contarán cunha xornada festiva este xoves 23. Ás 18:00 horas comezará unha foliada a cargo de As Travesas de A Mezquita e o grupo de música tradicional Freiro da Brúa, que amenizarán o día no Pub Verano, no Pub Pilas e no Bar Perkis. Este último será o encargado de acoller a tradicional sardiñada onde tampouco faltarán os chourizos, organizada polos grupos musicais coa colaboración do Concello de A Mezquita. Pola noite prenderase unha gran fogata na Praza do Concello.
Comentarios