viernes. 26.04.2024

Evento

O escritor Miguel Pedrero achega a Verín as súas evidencias sobre 'A vida despois da morte'

25/11/21 a 25/11/21
19:30 a 20:30
O escritor e xornalista coruñés Miguel Pedrero.
O escritor e xornalista coruñés Miguel Pedrero.

O vindeiro xoves, día 25 de novembro ás 19:30h, a Casa da Cultura de Verín acollerá a conferencia"A vida despois da morte: as 10 mellores evidencias", do coruñés Miguel Pedrero, autor de preto de vinte libros. O escritor, xornalista e investigador, actualmente redactor e coordinador de contidos da revista Año/Cero, ademáis de colaborador habitual en RNE, estreou recentemente a súa última obra "La verdad prohibida. Cómo los amos del mundo manipulan nuestras mentes para que no descubramos la auténtica realidad".

 

A vida despois da morte

Todos, algunha vez na vida, nos formulamos estas cuestións. Que pasará cando remate a miña vida? Seguirei existindo? A inmensa marioría enfoca esta cuestión dende a fe, o escepticismo ou o ateísmo, pero o certo é que se pode facer dende a razón. Na actualidade contamos cunha serie de evidencias que apuntan a unha existencia da vida despois da morte.