Evento
AXENDA | Ximnasia rítmica solidaria
Por segunda vez, o Club de Ximnasia Rítmica Verín participará no Torneo de Nadal que organiza cada ano o Club Ximnasia Pavillón Ourense, un club que leva máis de trinta anos competindo en diferentes modalidades e promovendo este deporte.
Un torneo lúdico de exhibición que leva celebrándose 18 anos cunha forte esencia solidaria. Cada ano colaboran coa asociación Amencer, pondo en marcha a campaña "Operación quilo" para recoller alimentos non perecedeiros destinados ás persoas máis necesitadas. Pero, nesta edición, suman máis solidariedade; porán á venda calendarios para recaudar fondos a beneficio da Asociación Española contra o Cancro.
Deporte e solidariedade á que se suma o Club Ximnasia Rítmica Verín coa participación dun equipo formado por 9 ximnastas. Será o sábado, 30 de novembro, no Pavillón dos Remedios de Ourense a partir das 11:30 horas.
Unha vez máis, o torneo será en memoria de Marosa Salgado Madriñán.Figura referente na ximnasia rítmica en Ourense, logo de 10 anos loitando contra o cancro Marosa Salgado falecía e, dende entón, o torneo de Nadal rememora e do grande legado que deixou dende que entrara a formar parte da directiva do club no 1999.
