Evento
AXENDA | Verín acolle o Campionato Galego de Hockey Sala nas categorías Benxamín e Prebenxamín
Verín converterase este domingo, 15 de marzo, nun dos puntos de referencia do hockey base galego coa celebración do Campionato Galego de Hockey Sala nas categorías benxamín e prebenxamín. A competición reunirá a varios equipos chegados de diferentes puntos de Galicia nunha xornada chea de deporte e ambiente familiar.
Categoría Prebenxamín
Os encontros disputaranse no Complexo Deportivo da Granxa entre as 9:00 e as 15:00 horas.
- 10:00 horas: Tamega - OurenseSticks
- 10:30 horas: Verín - Villaourense
- 10:30 horas: Támega - Padrón
- 11:00 horas: Verín - Atlántico de Vigo.
Tras a fase inicial celebraranse os cruces correspondentes:
- 12:00 horas: Támega - Clasificado
- 12:00 horas: Verín - Clasificado
- 13:00 horas: Verín - Clasificado
- 14:00 horas: Támega - Clasificado
Todos os xogadores recibirán unha medalla. A entrega está prevista entre as 15:00 e as 15:30 horas.
Categoría Benxamín
Pola súa parte, a categoría benxamín disputarase no Pavillón Municipal de Verín, cun programa de partidos que se estenderá desde as 9:00 ata aproximadamente as 17:30 horas.
- 9:00 horas: Verín - Villaourense
- 12:00 horas: Verín - APA Oleiros
- 15:00 horas: Verín - Atlántico de Vigo.
Tras esta primeira fase disputaranse os partidos finais para decidir as posicións definitivas do campionato:
- 16:00 horas: 3° Grupo A - 3° Grupo B
- 16:45 horas: 2° Grupo A - 2° Grupo B
- 17:30 horas: 1° Grupo A - 1° Grupo B (Final)
A xornada culminará coa entrega de medallas e trofeos, prevista entre as 18:15 e as 18:45 horas, poñendo o broche final a un día dedicado ao deporte base.
O evento promete reunir a xogadores, familias e afeccionados nun ambiente deportivo no que o hockey sala e os valores do deporte en equipo serán os grandes protagonistas.
