Evento
AXENDA | IV Gala de Nadal do Club Ximnasia Rítmica Verín
Unha vez máis, as ximnastas exhibirán os seus exercicios e rutinas, amosando os avances adquiridos ao longo do ano na IV Gala de Nadal do Club Ximnasia Rítmica Verín. O obxectivo principal da gala é que desfruten do deporte e que as súas familias maila veciñanza poidan apoiar e gozar do espectáculo, nun ambiente cheo de emoción e compañeirismo.
No evento participarán case 200 ximnastas de todas as idades, dende os 3 ata os 16 anos. Ademais do club anfitrión, actuarán clubs convidados da provincia: CX Pavillón de Ourense, CEDC Maceda, EDC Concello de Barbadás e EDC Celanova. Unha gala con entrada libre que ofrece a oportunidade de desfrutar dunha xornada de ximnasia rítmica na que se poñerá en valor o esforzo e a dedicación das pequenas e grandes deportistas da provinca.
A IV Gala de Nadal do Club Ximnasia Rítmica Verín terá lugar o sábado, 14 de decembro, no Pavillón municipal de Deportes de Verín a partir das 11:00 horas.

