domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | DHI Pozo do Demo 2025

26/4/25 a 27/4/25
Cabreiroá, Verín
DHI CABREIROA CHINQUENA 2023-19
Agárdase a participación de 180 riders de toda Europa.

Verín acolle esta fin de semana a terceira edición da proba ciclista DHI Pozo do Demo. Será a segunda proba puntuable para a Copa de España de Descenso e a única UCI C2 do calendario estatal, o que a converte nunha das citas máis importantes do descenso en bicicleta de montaña.

Unha proba na que se agardan máis de 180 riders de toda Europa que contará coa presenza da campioa do mundo Camille Blanche.

Un descenso por un circuíto esixente e moi técnico que fará as delicias de todas as persoas seareiras desta disciplina.

20250426 DHI Pozo do Demo

O martes 22 de abril remata o prazo de inscrición, que se pode realizar nesta ligazón.

Comentarios