Evento
AXENDA | Abre o prazo de inscrición no Club ximnasia rítmica Verín
1/5/25
a
30/5/25
Verín
2 de mayo de 2025, 12:46
Cada vez son máis as nenas e os nenos que queren practicar un deporte completo como é a ximnasia rítmica; por eso, o Club Ximnasia Rítmica Verín acaba de abrir o prazo de inscrición para o curso 2025/2026.
Ao longo de todo o mes de maio poderanse realizar as inscricións nunha disciplina deportiva que axuda a conectar co espazo e o tempo, a coñecer o propio corpo e os seus movementos e a corrixir malas posturas. Trátase dunha actividade física completa que se converte nunha alternativa perfecta para que a cativada se manteña activa e melloren a súa calidade de vida ao tempo que aprenden a traballar en equipo.


