Evento
'Dámoslle a volta ao conto. Contos pola igualdade', de Raquel Queizás
O vindeiro venres 6 de agosto, ás 21h, a Rúa Irmáns La Salle (ao carón da Biblioteca – Salón de Actos) acolle un espectáculo de contos tradicionais de diferentes culturas e historias de vida, con obxectos e monicreques, que realizará Raquel Queizás, unha actriz, filóloga e contadora de contos natural de Queirugás.
A actividade está enmarcada dentro do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia e organizado pola Biblioteca de Verín. O aforo estará limitado a un máximo de 30 cativos.
6/8/21
a
6/8/21
21:00
a
21:00
Salón de Actos- Rúa Irmáns La Salle
20 de julio de 2021, 11:09