domingo. 19.07.2026

Evento

IMOS DE ENTROIDO | Últimas citas antes da semana grande do Entroido

5/2/26 a 8/2/26
Verín | Viana | Laza | Matamá

O Entroido comeza a tomar forza cunha fin de semana cargada de tradición, música e actos populares que marcan o inicio das celebracións máis esperadas do ano. Dende o Xoves de Compadres ata o Domingo de Corredoiro, os distintos concellos da comarca presentan unha programación variada na que non faltarán charangas, folións, desfiles e actos simbólicos que manteñen viva a esencia do Entroido galego.

Veciñanza e visitantes terán a oportunidade de gozar de propostas para todas as idades, tanto nos cascos urbanos como nas aldeas, nunha fin de semana que serve como antesala das xornadas grandes do Entroido, combinando tradición, participación popular e ambiente festivo.

Concello de Verín

📅 Xoves 5 de febreiro - Xoves de compadres

Ás 00:00 horas, os compadres percorrerán as rúas da vila ataviados cos seus característicos chapeus e gabardinas. O percorrido partirá da Rúa Montemaior e pasará pola Praza García Barbón, Cruz, Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Debutación, Luis Espada e Rúa Lisa, para regresar de novo á Praza García Barbón, onde terá lugar o xuízo e a queima do Maragato.

A animación musical correrá a cargo da charanga Los Támega desde as 00:00 horas e, a partir da 1:00 da madrugada, a festa continuará na Praza García Barbón con música de Enjoy Eventos.

📅 Sábado 7 de febreiro - Sábado do Capuchón

Ás 12:30 horas haberá sesión vermú na Praza García Barbón, coa animación musical da Charanga Támega.

Xa pola tarde, ás 17:00 horas, a Támega volverá animar a Rúa Montemaior.

A partir das 19:00 horas, a festa continuará na Rúa Montemaior coa Festa do Capuchón, organizada por Sabela Souto e os locais do barrio, con música a cargo do DJ Óscar Conde e Trebón do Mildeu.

📅 Domingo 8 de febreiro - Domingo de Corredoiro

Ás 11:30 horas terá lugar a popular concentración de Cigarróns, con saída desde a Avenida de Castela, percorrendo Luis Espada e a Rúa Alameda, ata a Praza da Alameda. Os fregueses e freguesas serán recibidos á saída da Igrexa de Santa María La Mayor e da Mercé polos cigarróns.

Na Praza García Barbón, ás 12:30 horas, actuará A Gramola, e ás 13:30 horas celebrarase o Pregón do Entroido. Pola tarde, de 17:00 a 19:00 horas, haberá nova actuación de A Gramola, e de 19:00 a 22:00 horas a música correrá a cargo da Orquestra Salsarena.

Concello de Viana do Bolo

📅 Xoves 5 de febreiro - Xoves de compadres

En Viana do Bolo, o Entroido comeza tamén o Xoves de Compadres. Á medianoite, as mulleres da localidade colgarán o lardeiro na Praza Maior. Durante a tarde, os fulións percorrerán as rúas e a xornada rematará cunha tradicional fariñada, seguida dunha actuación musical.​

📅 Sábado 7 de febreiro - Comparsas

O sábado celebrarase a xornada de comparsas, que visitarán distintas localizacións do concello. Pola mañá, a partir das 11:00 horas, acudirán á aldea de San Mamede. Pola tarde, será a quenda da aldea de Pradocabalos, onde tamén haberá fariñada e fulións.

Concello de Laza

📅 Venres 6 de xaneiro

  • 23:00 horas: Segundo folión en Laza.

📅 Sábado 7 de xaneiro

  • 22:00 horas: Segundo folión en Matamá.