Evento
IMOS DE ENTROIDO | Axenda entroideira para esta fin de semana
O Entroido comeza a quentar motores na comarca coa chegada dos folións e citas para ir entrando en ambiente, auténtico sinal de identidade desta celebración tradicional.
A primeira cita será en Laza, que dará o pistoletazo de saída o venres 30 de xaneiro ás 23:00 horas co seu segundo folión, enchendo as rúas de son, festa e tradición, nun ambiente que anuncia que o Entroido xa está á volta da esquina.
Ao día seguinte, o sábado 31 de xaneiro ás 22:00 horas, será a quenda de Matamá, que celebrará tamén o seu segundo folión, nesta ocasión acompañados polos Festicultores e os Bombeiros de Vences, nun encontro que promete música, percorrido polas rúas e moitas ganas de festa.
O mesmo día, en Viana do Bolo, terá lugar o seu xa consolidado “Fulión Feminino”, que cumpre 10 anos de celebración.
Se che apetece un plan máis tranquilo, o mesmo sábado podes asistir á homenaxe ao Fanfán, coa presentación da nova obra de Edelmiro Mateo: “A pericia dun golfiño”. O evento contará coa participación de Roberto Verino e será ás 19:00 horas no Auditorio de Verín.
Concello de Laza
📅 Venres, 30 de xaneiro
- 23:00 horas: Segundo folión en Laza
📅 Sábado 31 de xaneiro
- 22:00 horas: Segundo folión en Matamá cos Bombeiros de Vences e os Festicultores
Concello de Viana do Bolo
📅 Sábado 31 de xaneiro - Fulión Feminino
- Saída dende O Toural ata a Praza Maior. Logo seguirán ata Cabo da Vila.
- 13:30 a 14:30 horas: Charanga BBB
- 21:00 a 00:00 horas: Chatanga BBB
- Festa a cargo de DJ Tariro
Concello de Verín
📅 Sábado 31 de xaneiro - Presentación “A pericia dun golfiño”
- 19:00 horas: Auditorio Municipal de Verín
- Contará coa participación de Roberto Verino
- Exhibición dun busto en madeira tallado por Gerardo Fernández
