Evento
IMOS DE ENTROIDO | Entramos de cheo na semana grande do Entroido
Concello de Verín
📅 Xoves 12 de febreiro - Xoves de comadres
O día comezará cos máis pequenos como protagonistas, pois ás 11:45 horas sairá dende o entroncamento da Canella Cega coa rúa Cabreiroa o gran Desfile Infantil no que participan todos os centros de ensino da comarca.
Xa pola noite será a quenda das das comadres, despois das súas ceas polos restaurantes da vila, ás 00:00 horas, terá lugar o descenso da comitiva polo camiño real, encabezada por Don Carnal. Ás 00:30, a Raíña recibirá á comitiva en San Lázaro e dirixiranse á Praza García Barbón onde darán a benvida as longas noites de Entroido.
A animación musical correrá a cargo de:
- 11:30 a 14:00 horas: Charanga Támega, MIL9, Vakapinta, Noroeste, TDB.
- 22:30 a 1:00 horas: Charanga Támega, MIL9, Vakapinta, Noroeste, TDB, Nova Tribes.
- 23:00 h: Enjoy Eventos e A Gramola
- 1:00 a 4:00 h: Orquestra Marbella
📅 Venres 13 de febreiro - Venres de compadreo
Os carros do compadreo sairán ás 19:00 horas dende San Lázaro, facendo un percorrido ata a rúa Irmáns Moreno e acompañados dos Festicultores Troupe.
Animación musical:
- 11:30 a 14:00 horas: Como Queiras Band.
- 17:00 a 20:00 horas: Como Queiras Band.
- 20:00 horas: Disco Móbil Space (Irmáns Moreno).
- 00:30 a 3:30 horas: Orquestra Miramar (Praza García Barbón).
📅 Sábado 14 de febreiro - Sábado do Entroido
O sábado teremos un día de moita troula, con charangas que percorrerán a vila, concertos e por suposto a actuación de dúas orquestras:
- 11:30 a 14:00 horas: Charangas Jalácticos e Airiños do Cereixo polas rúas da vila.
- 12:00 horas: Concerto Somoza Trío.
- 17:00 a 22:00 horas: Os Kokakolas, Airiños do Cereixo, Jalácticos e Los Támega (rúa Montemaior, Lisa, da Cruz, praza do Cigarrón e García Barbón).
- 18:30 horas: Pappaquino (Praza García Barbón).
- 19:30 a 23:00 horas: La Oca Band (Praza García Barbón).
- 00:30 a 3:30 horas: Orquestra Alkar (Praza García Barbón).
📅 Domingo 15 de febreiro - Domingo Gordo
Ás 12:00 horas terá lugar o Gran Desfile do Entroido, un espectáculo cheo de cor, música e orixinalidade, que partirá da Avenida de Castela ata chegar á Praza García Barbón.
Animación musical:
- 12:00 a 14:00 horas: Charangas Los Támega, Noroeste, Como Queiras Band, Vakapinta e TDB.
- 17:00 a 21:00 horas: Como Queiras Band, Vakapinta, Noroeste e TDB.
- 19:00 a 22:00 horas: Orquestra Triunfo (Praza García Barbón).
- 00:30 a 3:30 horas: La Banda de Ayer (Praza García Barbón).
📅 Luns 16 de febreiro - Luns de Entroido
A partir das 17:00 horas celebrarase no Pavillón Municipal de Deportes o Entroido Infantil, unha festa pensada para que os máis cativos poidan desfrutar tamén do entroido con obradoiros e actividades adaptadas a eles.
Durante o día, a Charanga Xuntanza visitará o Centro Sociocomunitario de Verín e o Centro de Día Solleira.
Animación musical:
- 11:30 a 14:00 horas: Charangas Os Kokakolas e Xuntanza.
- 17:00 a 20:00 horas: Charangas Os Kokakolas e Xuntanza.
- 17:00 a 20:30 horas: Disco Móbil Mono (Praza García Barbón).
- 20:30 a 22:00 horas: JB Son (Praza García Barbón).
- 00:30 a 2:00 horas: JB Son (Praza García Barbón).
📅 Martes 17 de febreiro - Martes de Entroido
Ás 16:30 horas será o derradeiro desfile, para aqueles que non poidesen asistir o Domingo Gordo.
Animación musical:
- 11:30 a 14:00 horas: Vakapinta e Xuntanza.
- 16:00 horas: Charangas Noroeste, Los Támega, Os Kokakolas, Xuntanza e Vakapinta.
- 19:00 a 22:00 horas: Magos (Praza García Barbón).
- 00:30 a 3:30 horas: Grupo América de Vigo (Praza García Barbón).
Concello de Viana do Bolo
📅 Xoves 12 de febreiro - Xoves de comadres
- O día comeza moi pronto, xa de madrugada, ás 00:00 horas tera lugar a colga da Lardeira.
- Xa coa saída do sol, ás 11:00 será o desfile infantil cos nenos do CEIP Bibei e Fulión IES Carlos Casares.
- Pola tarde a Charanga CLK percorrerá bares e rúas da vila.
- Ás 20:00 horas será a quenda da fariñada e dos fulións e a Charanga Alegría animará a festa nos restaurantes.
- 00:00 horas: Comeza a festa coa Discomóbil A Pimentoneta, na Praza Maior
📅 Sábado 14 de febreiro - Sábado de Entrudio
- 11:00 horas: Comparsa na aldea de Quintela de Edroso.
- 17:00 horas: Comparsa na aldea de Pinza.
- 20:00 horas: Fariñada e fulións.
📅 Domingo 15 de febreiro - Domingo Gordo
- 11:30 horas: Desfile de fulións, boteiros e carrozas (do Toural ata a Praza Mª Pita)
- 15:00 horas: 54ª Edición da Festa da Androlla.
- 19:00 horas: Comezan os fulións.
- 20:00 horas: Grupo América de Vigo na Praza Maior.
📅 Luns 16 de febreiro - Luns de Entrudio
- 16:30 horas: Desfile do fulión infantil (do Toural ata a Praza Maior).
- 17:30 horas: Xogos e animación para a cativada e Mini Disco Infantil (Praza Maior).
- 20:00 horas: Fulión trapalleiro.
📅 Martes 17 de febreiro - Martes de Entrudio
- 12:00 horas: Saída de fulións e boteiros (dende a rúa Toural e vermú no Cabo da Vila).
- 16:00 horas: Fariña e fulións.
- 23:00 horas: Saída dos fulións (dende o Pavillón á Praza Maior)
- 00:00 horas: Queima dos lardeiros.
- 00:15 horas: Baile, concurso de disfraces de Discomóbil CDC.
📅 Mércores 18 de febreiro - Mércores de cinsa
- 18:30 horas: Enterro da sardiña.
- 19:00 horas: Sardiñada e torradas no Cabo da Vila.
Concello de Laza
📅 Xoves 12 de febreiro - Xoves de comadres
- Cea das mulleres en Matamá.
- 14:00 horas: Folión dos nenos do CEIP O Castiñeiro, polas rúas de Laza.
- Cea de Comadres e Verbena coa discomóbil Deluxe en Laza.
📅 Venres 13 de febreiro - Gran folión
-
Pola taarde pasarrúas coas charangas Bandiños Band e Tanto nos Ten.
-
21:30 horas: Cea gastronómica do Cocido no pavillón de Laza
-
00:00 horas: Gran Folión. Con saída desde o fondo da Cerdeiriña, con chocos, fachóns e bombos do Folión de Trives.
📅 Sábado 14 de febreiro - Sábado de Antroido
- Gran cea popular en Matamá, con porco ao espeto e actuación musical do grupo Dúo D-13.
- En Laza será o Sábado de Cabritadas pasarrúas polas rúas do municipio coa Tanto nos Ten e fariñada na Praza da Picota. Pola noite cea das pandillas do pobo e verbena coa discomóbil Space.
📅 Domingo 15 de febreiro - Domingo de Estrea
- En Matamá os peliqueiros saen por primeira vez ás rúas co seu traxe á saída da misa.
-
En Laza pola mañá cedo, estrea dos peliqueiros e pasarrúas coa Bandiños Band e Big Band. Ás 12:30 horas, saída da Misa, saúdo dos peliqueiros e reparto da bica na Praza da Picota.
-
Pola tarde en Laza, festa con Big Band e o grupo tradicional Os Varacuncas, desfile das carrozas, e logo baile e verbena coa discomóbil Gramola.
📅 Luns 16 de febreiro - Luns Borralleiro
- En Matamá: Cara o mediodía recorrido de Antroido polo pobo, con paradas para xantar, beber e troulear e acompañados da Charanga Felga. Xa pola tarde, saída da Morena e da Albarda, acompañadas de formigas, fariña, borrallo e cobelleiros.
- En Laza, pola mañá pasarrúas con Novaa Trives e Tattoo e ao mesmo tempo terá lugar a súa mítica farrapada, Maragatos e Xitanada dos Burros e xa pola tarde baixada da Morena, acompañada das formigas, toxos e cobelleiros. Ao remate reparto da cachucha con pan na Picota e verbena coas orquestras Alkar e Takikardia.
📅 Martes 17 de febreiro - Martes de Antroido
- En Matamá, ás 16:30 horas: Terá lugar o Testamento do Burro, acompañados pola Comparsa cos Sombeiros de Papel e outros persoeiros do Antroido.
- En Laza, pola mañá saída dos peliqueiros e pasarrúas coas charangas Nova Trives e Big Band. Xa de tarde, cando caia o sol, terá lugar a lectura do Testamento do Burro, Enterro do Entroido e Loito dos peliqueiros.
Concello de Cualedro
📅 Venres 13 de febreiro - Desfile Infantil
A partir das 11:30 horas os nenos do CEIP Vicente Risco percorrerán as rúas cos seus disfraces. Irán acompañados dos Zarramoncalleiros de Cualedro, as Mázcaras da Xironda, Damas, Galáns de Carzoá e Castrón Meco de Rebordondo.
📅 Sábado 14 de febreiro - Sábado de Entroido
- 12:00 horas: Saída dos Zarramoncalleiros.
- 13:00 horas: Estrea de Disfraces na praza Dona Marina.
- 15:00 horas: Comida popular.
Animación musical:
- Como Queiras Band.
- DJ Roberto Deluxe.
Na Xironda:
- 16:00 horas: Xuntanza para ir á leña e facer Entroido
- Cea Popular
- Colga do Meco na Praza.
📅 Domingo 15 de febreiro - Domingo de Entroido
Á saída da misa en Cualedro xuntanza de Zarramoncalleiros.
Na Xironda, xuntanza de Mázcaras á saída da misa con festa de tarde co Grupo Vaivén e pola noite, trala cea popular, animación musical a cargo de DJ Dario.
📅 Luns 16 de febreiro - Luns de Entroido
Sesión de tarde e noite con DJ na Xironda e cea popular.
📅 Martes 17 de febreiro - Martes de Entroido
Sesión de tarde (Charanga Vakapinta) e noite (DJ Dario) con na Xironda e cea popular. A partir das 00:00 horas será a Queima do Entroido coa súa subasta.
Concello do Riós
📅 Sábado 14 de febreiro - Sábado do Entroido
- De 11:00 a 12:00 horas recorrido dende O Riós a Marcelín coa Banda de Gaitas do Riós e os Vellaróns.
- 12:00 horas: Pincho e baile en Marcelín.
- 13:00 horas: Desfile no Riós.
- 14:00 horas: Magosto popular con castañas e chourizos na Praza do Concello.
- 19:00 horas: Marcelín celebra a festa con música e o seu tradicional pincho de orella.
Concello de Vilardevós
📅 Sábado 14 de febreiro - Sábado do Entroido
- 17:00 horas: o desfile sairá dende o campo de fútbol acompañado de Chocalleiros, a Banda de Gaitas do Concello de Vilardevós, comparsas, desfile de disfraces e o folión "O can do San Roque"
- 19:30 horas: Baile a cargo do dúo "Os Trasnos" e lectura do testamento do burro.
- 20:00 horas: Cea popular.
- 22:00 horas: Saída dos fachóns e o meco dende o Toural ata a Praza do Cruceiro. Ó remate festa de novo co dúo "Os Trasnos".
📅 Luns 16 de febreiro - Luns de Entroido
A partir das 11:00 horas Gran Desfile do Centro Residencial e o Centro de Día, Casas Niño "Lala" e "Garabatos", C.D.R. Portas Abertas e a Asociación Mulleres Rurais "Entre Nós". Ó rematar chocolate e bica para todos os participantes.
Concello de Oímbra
📅 Domingo 15 de febreiro - Domingo de Entroido
17:00 horas: faranse os fachucos e o Entroido na Praza do pobo e haberá para todos chocolate con churros.
📅 Luns 16 de febreiro - Luns de Entroido
A partir das 16:30 horas comeza o recorrido polas Adegas do pobo, coa animación musical das Charangas Fuego e nba.
📅 Martes 17 de febreiro - Martes de Entroido
Ás 17:00 horas saída dos Fachucos, coa compañía da Charanga NBA, ata a Praza, onde haberá unha cea popular e se queimarán os Fachucos e o Entroido.
