domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Alberte Blanco presenta a súa última novela, intriga con fondo histórico en Monterrei

20/6/24
19:30
Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín
Presentación libro Alberte Blanco_ a-soidade-do-inquisidor

Escritor, político, enxeñeiro e profesor xubilado de ensino secundario, Alberte Blanco vén de publicar a súa última novela. Non podía ser doutro xeito, a Biblioteca Municipal de Verín organiza a presentación da obra nun acto no que acompañarán ao autor o tenente de Alcaldía do Concello de Verín, Diego Lourenzo; Juan Guerra, profesor de historia do IES Xesús Taboada Chivite; Nieves Amado, historiadora e arqueóloga que forma parte do Consello da Cultura Galega; e un representante da súa editorial, Xerais.

A última obra de Alberte Blanco é unha novela negra con fondo histórico no condado de Monterrei; unha intriga histórica atravesada pola transgresión, a intolerancia e a liberación. 

A presentación terá lugar o xoves, 20 de xuno, ás 19:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.

Sipnose

Durante o último terzo do século XVI, chegaron á casa do Santo Oficio de Compostela rumores sobre prácticas pouco acordes coa doutrina católica no condado de Monterrei. O licenciado Xoán de Freixedo será o encargado de dirixirse á comarca do sueste ourensán para iniciar unha pescuda co fin de aclarar a natureza dos rumores. A aparición duns cadáveres de mulleres novas mortas en estrañas circunstancias provocará que a pescuda se vexa alterada e que dea paso a unha intricada historia na que se verán implicados frades do colexio dos Xesuítas, o intransixente inquisidor Diego de la Cantera, a condesa dona Inés de Velasco e outros moitos personaxes. Arredor deles vaise tecendo unha conexión entre as accións guerrilleiras dos rebeldes portugueses, unha mancebía ambulante, o colexio xesuíta e unha confraría pagá practicante de antigos ritos.

Comentarios